domingo, 23 de abril de 2017

ANXO FARIÑA FAI MAXIA PARA OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS

O pasado mércores 19 volvimos das vacacións cunha visita moi especial: ANXO FARIÑA visitou a nosa biblioteca para amosar ao alumnado de 6º de infantil cal é traballo do ilustrador, traballo no que el é especialista, ademáis de ser escritor ou deseñador gráfico.

Tamén estivo cun grupo de sortudos de 6º, os membros do clube de lectura, que xusto viñan de ler "Os Megatoxos", unha saga que xa está a piques de sacar o sexto libro!

http://www.anxofarina.com/  Aquí tedes tooooda a información que precisedes saber sobre el e os seus traballos.

Aquí están algunhas fotos da súa visita. Moitas grazas e a saborear esa leituga da nosa horta!









Ningún comentario:

Publicar un comentario