mércores, 16 de novembro de 2016

COCIÑA conCIENCIA

O alumnado de infantil tivo o privilexio de asistir a un obradoiro científico-culinario a mans do CSIC (

Consejo Superior de Investigaciones Científicas).


O obxectivo principal da sesión era comprender a importancia de lavar as mans antes de cociñar ou comer, xa que nelas habitan minúsculos microorganismos que nos poden facer enfermar se os comemos.


Aquí está a evidencia científica: dentro de 4 días empezarán a formarse colonias de diferentes patóxenos onde os nenos puxeron os dedos sucios nesta mostra de laboratorio. Verán a diferenza co lado onde puxeron os dedos despois de lavalos con auga e xabón. A ver se nolo contan!!!

Tamén aprenderon a importancia de manter os alimentos perecedoiros na neveira para que non se estropeen e non nos senten mal cando os comemos. Serías capaz de dicirnos ti se hai que gardalos na neveira o no armario?



Para rematar a sesión...  nada mellor que prepararnos a merenda! Un rico e saúdable plato de iogur con froita decorado con follas de rúcula! DELICIOSO!

E rematamos como empezaron eles. coa música dos Lunnis onde nos explican cando lavar a mans! 


Tedes máis información na páxina web do proxecto: 

1 comentario: