mércores, 16 de novembro de 2016

A REBELIÓN DAS VERDURAS (1ª PARTE)

Os nenos e nenas de 6ºB o pasado martes convertéronse en rebeldes verduras para os seus afillados de 3 anos.

Como o oídes. Había cabazas, chícharos, acelgas, brécol, alcachofas, pementos, cenorias, coliflor, coles de bruselas, berenxenas, cebolas, rábanos, tomates... a maioría moi enfadados porque non os queredes comer. Din que lles facedes ascos, que os apartades do plato e ata que os vosos pais os tiran á basura. Elas queren acabar con isto. Conseguiranno? A adaptación ao teatro do libro "La rebelión de las verduras" foi unha pasada!!

Fixéronno tan ben, tan ben, que Robiño pediulles que repetiran a sesión para inaugurar os contacontos da tarde en bibliorobiño! Pronto poderedes ver a obra completa. Mentres, aquí tedes unhas imaxes moi riquiñas dos maiores e os pequenos do cole interactuando despois da función.




1 comentario: