Que alegría! Que ledicia! Que ben me sento cando vos vexo a todos no patio para ocasións especiais coma a do venres 1 de abril, día no que Marián fixo de mestra de cerimonias para entregar o agasallo aos tres premiados: Martín Rey, Martín Reboreda e Mateo Da Rocha, de 4ºA. O traballo que fixeron para a nosa cabeceira é alucinante, como xa podedes ver. Aquí nos explican como o fixeron:
Moitas grazas a todos polo voso traballo e dedicación! Vémonos no próximo concurso e... NORABOA AOS PREMIADOS!
Boas! Somos os nenos e nenas de 1ºB. Edgar di "bos días, moi ben feito!Seguide así". Mateo di: "Quedouvos moi chulo". Noa rodríguez di: "Vvexo que vos esforzastes moito. Moi ben!". Noa Pousa e Manuel din "Moi ben, boa sorte". Yeray di"Está moi bonito!!", Nayara Segovia di:"gustoume moito, boa sorte".
ResponderEliminarSi,é verdade,a pesar que o fixeron có ordenador
EliminarSofía é Carme 5º
Nas bases dicía que se podía usar calquera técnica. Eles fixeron un gran traballo, e por iso foi o elixido. A próxima vez podedes ser vós!
Eliminar