Durante a Semana da Paz tivemos a sorte de gozar de varias actividades en BIBLIOROBIÑO. Hoxe veño falar do incrible traballo dos nenos e nenas de 4ºB, que a través do libro Benvido á Familia, contáronnos aos alumnos de 2º ciclo a enorme DIVERSIDADE DE FAMILIAS que se poden atopar na nosa sociedade.
Martín e Paula foron os presentadores. Eles foron introducindo todas as posiblidades familiares que despois os seus compañeiros nos explicaban. Aquí podedes ver algunhas fotos.
4ºB BENVIDO Á FAMILIA - Kizoa Movie Maker
Ao rematar, algúns espectadores lles consultaron dúbidas. Martín e Paula resolvéronnas estupendamente. Saben moito deste tema! Así que xa sabes. Cando leas o libro non te quedes sen entender algo. Vai á clase de 4ºB que enseguida te sacarán do apuro.
Parabéns a todos polo traballo e a valentía de expor diante de tanto público!
Se che gustou tanto como a min déixalles un comentario!
Busca xa o libro na sección da DIVERSIDADE
Ningún comentario:
Publicar un comentario