venres, 27 de febreiro de 2026

DÍA DE ROSALÍA

 Como cada 23 de febreiro conmemoramos desde o equipo de normalización, a biblioteca e as aulas o día de Rosalía, lendo poemas, facendo investigacións sobre esta gran autora e mais actividades como as que podedes ver aquí.



En infantil traballaron deste xeito a figura de Rosalía, co seu poema de Adiós ríos, adiós fontes! Ademais gravaron ao alumnado recitando o poema, co que xeraron un código QR.









CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

 Este ano aproveitando o tema anual, convertimos o cle nun plató xigante e as aulas disfrazarónse de protagonistas de películas baseadas en libros. Aquí tedes parte deste alumnado caracterizado.






CLUB LECTURA 6°

 Esta semana de novo xuntanza co alumnado de sexto curso, ó grupo gústalle moito ler e está moi implicado. Parabéns chicos e chicas!




venres, 20 de febreiro de 2026

CLUB LECTURA 5°

 A semana pasada toveis un novo encontro do club de lectura de 5°. Encantoulles o Nicolasiño, dixeron moitos e nos comentarios sobre o libro e tamén aportacións que trouxeron escritas nos seus cadernos.  Xa levaron o seguinte libro, Robiño espera que tamén lles guste!








venres, 30 de xaneiro de 2026

VISITA PABLO ROMERO POLO DÍA DA PAZ

 Hoxe para traballar o día da paz na biblioteca o primero ciclo vistounos na biblioteca o pai duns alumnos do cole, Pablo Romero, profesor de cine na universidade que nos explicou a convivencia en paz para traballar a diversidade funcional través dunha curta e un anuncio do Canadá. Encantounos e aprendimos moito sobre tratar e asimilar as diferencias. Grazas.