martes, 3 de maio de 2016

LINGUA DE SIGNOS EN BIBIOROBIÑO

O pasado xoves, día 28 de abril, os nenos e nenas de 1º e 2º tiveron a oportunidade de aprender un pouco a lingua de signos grazas a Rincón del Signo que viñeron á biblioteca. Practicamos o alfabeto dactilolóxico, as cores, algunhas palabras e os animais do conto "A que sabe a lúa?, que nos interpretaron en lingua de signos. Aquí podédelo ver todos.


Se estades interesados na lingua de xordos lemabrade que o noso himno da diversidade "Eu teño alguén no meu corazón" está interpreado nesta lingua. Os enlaces que tedes a continuación serviranvos para coñecer mellor esta forma de comunicarnos.




No andel de Lorenzo da biblioteca tedes unha colección de contos con DVD no que podedes tamén ver o conto en lingua de signos.


Espero que toda esta información sexa do voso interese!

Moitas grazas por lerme, Robiño


2 comentarios:

  1. Os nenos e nenas de 1ºB din: Gustounos moito o conto de Linguaxe de Signos. Estivemos practicando os signos en clase. Xa sabemos dicir "A min a lúa sábeme a...."- Yeray di "encantounos moito". Noa Rodríguez pregúntalle a robiño "ti sabes facer algún xestos?"- Edgar "Gustounos o baile que fixemos xuntos ao final". -Catalina "Gustoume moito o conto da lúa" - Mateo: "gutáronme moito os signos"...

    ResponderEliminar
  2. Ola!a min gustaríame aprender lingua de signos por se algún día hai na escola algún rapaz ou rapaza xorda. o que pasa é que coas miñas ás o teño un pouco complicado. Encantaríame poder dicir "tartaruga" ou "xirafa" ou... "moucho".

    ResponderEliminar