Se estades interesados na lingua de xordos lemabrade que o noso himno da diversidade "Eu teño alguén no meu corazón" está interpreado nesta lingua. Os enlaces que tedes a continuación serviranvos para coñecer mellor esta forma de comunicarnos.
No andel de Lorenzo da biblioteca tedes unha colección de contos con DVD no que podedes tamén ver o conto en lingua de signos.
Espero que toda esta información sexa do voso interese!
Moitas grazas por lerme, Robiño

Os nenos e nenas de 1ºB din: Gustounos moito o conto de Linguaxe de Signos. Estivemos practicando os signos en clase. Xa sabemos dicir "A min a lúa sábeme a...."- Yeray di "encantounos moito". Noa Rodríguez pregúntalle a robiño "ti sabes facer algún xestos?"- Edgar "Gustounos o baile que fixemos xuntos ao final". -Catalina "Gustoume moito o conto da lúa" - Mateo: "gutáronme moito os signos"...
ResponderEliminarOla!a min gustaríame aprender lingua de signos por se algún día hai na escola algún rapaz ou rapaza xorda. o que pasa é que coas miñas ás o teño un pouco complicado. Encantaríame poder dicir "tartaruga" ou "xirafa" ou... "moucho".
ResponderEliminar