luns, 21 de outubro de 2024

OBRADOIRO NA BIBLIOTECA

 OBRADOIRO DAS PLANTAS MEDICINAIS DE “UN PASEO POR NIGRÁN” NO COLEXIO HUMBERTO JUANES

 Con motivo da Semana da Medicina Natural e no marco do Mes das Bibliotecas, a Biblioteca do Colexio Humberto Juanes e a escritora Soledad García convídanche a participar nun obradoiro familiar especial para descubrir e identificar as plantas tradicionais que aparecen no libro "Un paseo por Nigrán". 

A escritora, autora de "Herbario do Solsticio", guiará nunha viaxe polo mundo de moitas das plantas medicinais que podemos cultivar nos nosos balcóns e xardíns. A través dun xogo de identificación, combinado con proverbios, refráns e expresións populares, aprenderemos a recoñecer estas plantas e a comprender o seu valor como parte esencial do noso patrimonio cultural. O obradoiro é gratuíto e está dirixido ao público familiar, nenas e nenos acompañados dun adulto. 

"O máis especial é que non só aprenderemos, senón que tamén construiremos coñecemento xuntos! Invítámoste a traer un refrán, receita ou dito popular relacionado cunha planta medicinal, transmitido na túa familia. A través do intercambio de sabedoría familiar, todas e todos enriquecémonos e contribuímos a preservar e compartir estes saberes tradicionais que forman parte da nosa identidade." 

Día: Venres, 25 de outubro de 2024 Horario: 16,00 h a 17,15 h 

Lugar: Biblioteca Colexio Humberto Juanes, Nigrán. 

Inscrición: Para garantir a organización do espazo e o control do aforo, rogamos cubrir unha inscrición por cada participante. 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScaUUGPh-7sFqlYl6888f0liOHz_7F1Z-dU6ocV0MQy4m76FA/viewform?pli=1

Moitas grazas pola túa colaboración! 

Agardámoste! 

Vive unha experiencia de conexión coa natureza e a cultura no Colexio Humberto Juanes de Nigrán!!

mércores, 16 de outubro de 2024

DÍA DAS ESCRITORAS 2024

 O Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE) e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

O martes 15 de outubro tivo lugar na biblioteca do cole unha charla en homenaxe ás mulleres escritoras co alumnado de 5º de primaria. 
Soledad García, nai dunha alumna deste nivel, foi a encargada de presentar a súa andaina como escritora e dar un percorrido das mulleres na arte escrita. 
A sesión terminou cunha canción dun dos seus audiolibros adicados aos  animais.


 

VOLVE DEDAS Á BIBLIO DE NIGRÁN

 Ola chicos e chicas tedes que acudir a este evento de Solaina que terá lugar na biblioteca pública de Nigrán.

Aquí vos queda a información:



Link para a inscripción:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfC8NT0zwPprwSiI8G1U_Q0qDhNnGRDx87J7hDwDKIx4yXXjQ/viewform

Buenas tardes, el sábado diecinueve de octubre el grupo solaina, va a realizar una actividad muy divertida, donde los niños van a crear su propio libro de Dedas, seran escritores, ilustradores y diseñadores gráficos. Si os animais estan invitados, la actividad cuesta 20€,

Para formalizar la inscripción debes rellenar el formulario.


Contacontos de novo no MARCO

 Ola de novo, a actividades da escritora Soledad García foi tan ben que se repite de novo este venres 19 no MARCO en Vigo, non vola perdades.


E o correo para a inscripción:

rerepcion@marcovigo.com


xoves, 3 de outubro de 2024

PARABÉNS ESPAZO LECTURA!!!


 Espazo lectura recibiu un gran premio a súa gran labor que llevan feito durante moitos años. Desde o noso cole, colaborador da cosa iniciativa, recibide unha forte aperta e tamén as nosas felicitacións!!!