martes, 28 de outubro de 2025

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Hoxe inauguramos a biblioteca cunha gran xuntanza no ximnasio do cole, acudiu todo o alumnado e puideron ver a Robiño a mascota da biblioteca que nos presentou o proxecto anual "Un ano de película".

Aquí tedes un vídeo que se compartiu con eles para explicarlles a importancia do cine na cultura e tamén a importancia da literatura neste xénero, xa que moitas películas antes foron libros.

Esperamos vervos a todos e todas pola biblio e poder disfrutar un ano mais de marabillosas lecturas e actividades que faremos ao longo do curso.

Un saúdo moi moi forte desde o equipo de biblioteca!










Ningún comentario:

Publicar un comentario