Este venres tivemos na Biblio do noso cole a escritora Soledad García que tivo a ben vir a contarnos o seu último conto titulado "Urco" coa súa cadela Sky. A través deste os nenos e nenas tomaron conciencia da importancia de adoptar cans e do abandono e a tristura que estes comportamentos supoñen para os animais e a importancia de coidalos e nunca abandonalos.
Moitas grazas Sole por vir ao cole e mostrarnos con esta actividade a importancia para concienciar desde ben pequenos aos cativos para que non siga sucedendo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario