mércores, 13 de decembro de 2023

ENTREVISTA NA RADIO A MEMBROS DE AFAGA

 Os maiores do cole realizaron unha entrevista na radio a dous usuarios, Suso e Celedonio, de AFAGA Alzheimer é unha entidade sen ánimo de lucro que realiza distintas actividades destinadas a mellorar a calidade de vida dos enfermos de Alzheimer e outras demencias e os seus familiares. Tamén houbo anteriormente unha charla para todo o alumnado de terceiro ciclo na que nos acompañou o alcalde de Nigrán.

A entrevista foi todo un éxito, todos quedaron moi satisfeitos e aprenderon moito desta actividade.

Aquí deixámosvos as fotos e a entrevista.






Ningún comentario:

Publicar un comentario