Retomamos o concurso "1,2,3 A resposta atoparei!!!" que nos traía Robiño para que os nenos e nenas do cole pasen un bo rato ademais de que aprendan onde se atopan os libros de consulta, é dicir, aqueles que versan sobre unha materia en concreto; natureza, emocións, valores, cine, plástica, oficios, historia, biografías, matemáticas...
Esperamos que tod@s participedes e non esquezades que Robiño estará moi atento para darvos un premio ao final de curso se soupestes respostar ben ás preguntas que vos fai.
ÁNIMO PARTICIPADE!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario