xoves, 22 de outubro de 2020

UN, DOUS, TRES... A RESPOSTA ATOPAREI

 Ola de novo a tod@s!!!!

Imos comezar co concurso 1,2,3... a resposta atoparei! que faredes este curso escolar desde as vosas aulas, xa a coñecedes a maioría de vós o procedemento, que consiste na búsqueda de información para respostar a unhas preguntas ou facer actividades de investigación propostas desde a biblioteca, e por suposto serán agasalladas as aulas que se convirtan en investigadoras e consigan resolver os enigmas e retos que Robiño vaivos propoñer.

No seguinte enlace podedes seguir o concurso




Como xa tedes a Credencial de peregrinaxe na vosa aula, tedes que botarlle unha visual para poder  participar e poder facer un bo Camiño ao longo deste curso desde Baiona ata Santiago de Compostela.

Espero que vos sumedes todas as aulas e poidades completar o Camiño con Robiño a través das probas que se vos propoñen.

Vémonos no camiño!!! Non esquezades a credencial!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario