martes, 14 de maio de 2024

ACTIVIDADE NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE NIGRÁN

 O próximo luns 22 na biblioteca pública de Nigrán terá lugar unha fermosa actividades a que vos convidamos asistir. Non vola perdades!



domingo, 12 de maio de 2024

ÚLTIMO CLUB LECTURA 5°

 Hoxe na hora de ler llevamos a cabo o último club de lectura deste curso, o libro gustoulles moito e tamén tomamos notas das temáticas que lles gustarían para o próximo curso así como de saídas que lles gustaría facer. 

Foi un placer ter este club de lectura convosco este ano, vémonos para o próximo!!! Feliz verán e boas lecturas!!





RECREARTE "PINTURA E CONTO"

Durante o recreo deste venres na biblioteca tivemos doble sesión de Recrearte.

En Comparte os teus saberes dúas alumnas de 1° B explicaron técnicas de debido, moi ben por certo, foron unhas grandes mestras.

No apartado de contar un conto outro neno desa mesma clase trouxo un maravilloso conto feito por él mismo que trataba sobre os animais na prehistoria e como foi a súa evolución ata os nosos tempos.

Moitísimas grazas que fixestes un gran traballo!!!











martes, 7 de maio de 2024

CLUB LECTURA 6° A e B

 Hoxe visitamos a biblioteca pública de Nigrán, a súa directora Cristina, fíxonos un gran percorrido, co que ademais de aprender moito puidemos disfrutar dun contacontos feito pola propia Cristina na terraza superior e unha búsqueda logo dun personaxe do conto pola biblioteca.























RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE 5° A

 A clase de 5° A fixo unhas interesantes recomendacións lectoras para o resto de alumnado que xa foron catalogadas e podedes atopalas na zona de producción propia na biblioteca.

Parabéns!!!