mércores, 30 de abril de 2025

SEMANA DO LIBRO "Grafittis"

 







SEMANA DO LIBRO "LECTURAS ENTRE COMPAÑEIROS"

 Desde Proxecto competencial  prepararon as mestras uns contos creados polo alumnado e foron a outras aulas a contarllos. Unha gran actividade coa que os compañerios e compañeiras quedaron encantadas. Parabéns!








SEMANA DO LIBRO "LECTURAS AO SOL"

 Como cada ano o día 23 se o tempo o permite os libros saen ao patio e a lectura realízase de xeito individual, normalmente os mais maiores e os pequenos en gran grupo. Unha actividde deliciosa que combina, libros, compañei@s e natureza.




















DÍA DO LIBRO "MARISQUIÑO LECTOR"

 Este ano para conmemorar o día do libro conectando co tema anual do noso centro "Arte e deporte na rúa" fixemos un  "Marisquiño lector", no que houbo moitas actividades:

Actividades de gastronomía, como a foodtruck que chegou ao cole para ofrecerlles petiscos do mar a todo o alumnado, dándolle a coñecer os productos do mar e ofrencéndolles deliciosas tapas para que os probaran.

Lecturas ao sol, que fixeron cada clase despois do recreo como cada ano para fomentar a lectura nos espacios exteriores en contacto coa natureza.

Visionado do novo graffitti que temos no cole...

Os maiores quixeron tamén conmemorar este día botando polas ventanas durante o recreo avións de papel, en referencia ao libro de Xavier Estévez, no que cada avión tiña unha referencia bibliográfica e unha suxestión lectora.