Ola compas!
Esta semana ímoslla adicar á celebración do Samaín- Halloween, desde a biblioteca queremos que participedes nun concurso que hai sobre relatos e debuxos terroríficos, uuuuhhhhhhhhhhhhh!!!
Os mais pequenos do cole teñen que facer os seus debuxos terroríficos e os maiores terán que elaborar un relato de terror que terá que ser escrito en lingua galega e terá relación co Camiño de Santiago.
Esperamos non pasar moito medo á hora de lelos e de velos💀👺
Animádevos a participar!!!!!!
Este vai ser o primeiro concurso deste ano, haberá mais e desexamos participedes!!!!
Os grupos de infantil e 1º ciclo poden facelo de maneira grupal, 3º, 4º , 5 e 6º terá que ser individual.
Os premios serán por aula en infantil e primeiro ciclo e individual en cada aula aos gañador@s de 3º, 4º, 5º e 6º.
Participade e asustade a Robiño!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario