Este ano ao comezo da apertura da biblioteca un nutrido grupo de alumn@s de 3º e 4º curso apuntáronse para ser os axudantes da biblioteca durante os recreos, entre as súas labores están as de ordenar os libros, recoller e organizar as estanterías, prestar axuda se alguén quere atopar un libro, aconsellalos, facer recomendacións, e outras actividades que xa vos iremos desvelando ao longo deste curso.
Están a facelo moi ben, colaboran moito e son moi organizad@s e participativ@s.
Seguide así!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario