MULLERES E CIENCIA
Retrato de Rosalía realizado polo alumnado de 5º
Con motivo do "Día internacional da muller", o 8 de marxo, o "Día da muller científica" o 11 de febreiro e o "Día de Rosalía" o 24 de febreiro, coñecimos un montón de grandes mulleres galegas que lle levaron agasallos a Rosalía da man do noso alumnado.
A QUEN COÑECIMOS?
O alumnado de 6º presentounos a Mª Luisa Martínez Lorenzo e a Lucía Fraga Lago.
Luisa traballa no CSIC como científica e divulgadora. é unha gran coñecida nosa porque sempre que pode vén ao noso centro a falarnos de ciencia dun xeito que nos encanta. Ademais acaba de publicar en Galaxia o libro "Puf... vaia peido" co que podemos seguir aprendendo cousas curiosas de animais, plantas e outros elementos da natureza.
Podedes ler a súa entrevista.
As clases de 5 anos B e 4º presentáronnos a Antía Cal, gran maestra que ademais da nome a unha das escolas da nosa contorna.
Da man de 3º e 5 anos A coñecimos á precursora do libro electrónico: Ángela Ruíz Robles
O alumnado de 3º incluso diseñou un libro electrónico que podedes ver na exposición
Para saber máis dela podes coller este libro na nosa biblioteca ou ler en varios libros de bibliografías que tamén temos en BIBLIOROBIÑO.
O alumnado de 2º presentounos a Eugenia Pereira Rodríguez, nada no Carballiño o 3 de abril de 1895 doutora en Ciencia e Farmacia pola Universidade Central de Madrid e fundadora do Laboratorio Pemur.
Tamén coñecimos a mulleres do mundo das artes:
As aulas de 1º presentáronos a gran escritora Emilia Pardo Bazán

Ningún comentario:
Publicar un comentario